
De todos os xeitos, dende Lexcycle aseguran que non cambiarán a aplicación Stanza tras esta operación, entendendo a súa compra como unha operación que levará a xuntar forzas con Amazon para continuar a innovar no seu sector.
Dende o punto de vista de Amazon esta operación parecía obvia, pois son conscientes que o libro electrónico aínda está nunha etapa emerxente, polo que resulta imposible saber cómo será este mercado no futuro, de aí que resulta razoable investir en distintas liñas de atallalo.
Amazon merca Lexcycle para potenciar a súa división de libros electrónicos
Compartir Este Artigo
