Os usuarios do iPhone ou o iPod Touch que sexan afeccionados á información deportivo poden instalar de balde no seu trebello a nova aplicación do diario Marca, que na súa primeira fase está enfocada ao fútbol, coas últimas novas das competicións do deporte rei (Liga BBVA, Liga Adelante, Liga de Campeóns, Copa da UEFA e a Copa do Rei), información sobre a selección e acceso á portada do diario deportivo. Pero a funcionalidade máis interesante do programa é o Marcador en liña, que permite seguir en directo os resultados dos partidos sen perder detalle (con comentarios en vivo sobre os mesmos, pois tamén podemos escoitar Radio Marca dende o programa) o que permite que durante as xornadas futbolísticas poidamos estar ao tanto do que acontece pese a non ter un ordenador a man.
A aplicación tamén pode configurarse para filtrar as informacións do equipo favorito do usuario, de xeito que as novidades e resultados dese club estarán sempre a man.
![]() |

