A aeroliña de baixo custo que máis está a loitar para que outras páxinas webs non revendan os seus billetes por Internet (e evitar así unha posible estafa dos seus clientes), vén de anunciar que lle permitirá o acceso aos seus cadros de horarios e información de tarifas a aqueles sitios baseados só “na comparación de prezos”, que unicamente comparen as tarifas máis baixas garatidas de Ryanair coas tarifas e os recargos de combustible de outras compañías aéreas da competencia.
É por isto que a compañía de voo vai introducir un acordo de licenza no que, por unha doazón anual de 100 euros (que disque “vai ser destinada á caridade”), autorizaralle aos sitios web de comparación de tarifas, comprobar a dispoñibilidade de prazas e adquirir información de interese para o consumidor, que logo deberá entrar na web da compañía para adquirir o seu billete.
A aeroliña inglesa seguirá prohibindo a revenda de billetes aos sitios web que “estafan” aos consumidores ofrecendo vóos de Ryanair con prezos inflados, e nalgúns casos con sobrecargas ficticias, nembargantes, celebra a volta das súas tarifas máis baixas garantidas permitíndolle aos sitios web de comparación de prezos que cataloguen as súas tarifas.
Ryanair permite que as webs accedan ás súas tarifas só para facer comparacións
Compartir Este Artigo
