
O sitio, mejoratuparque.es, nace para, segundo a portavoz do colectivo Conchi Marcos, “recoller ideas, xerar debate e plantexar propostas e reclamacións sobre os espazos públicos”, uns espazos que, lonxe de ser agradables para pertencer a unha vila mariña con sona en toda Galicia, semellan máis ben ser un expositor de excrementos caninos que os seus donos nunca se preocuparon de recoller.
A páxina, que aínda está “en obras”, tamén tocará outros temas que preocupan aos veciños e veciñas da vila, tales como a carencia de seguridade no parque da Xunqueira, ou a falta de chans de caucho “máis hixiénicos” para que os cativos poidan xogar tranquilos e seguros (ou para que, no caso de non gañar a batalla contra os excrementos, a lo menos se poidan distinguir no chan, pois cando se mesturan coa area “o contacto coas deposicións faise máis doado”, palabras dos veciños).
![]() |

