Redtel (asociación que agrupa a Telefónica, Vodafone, Orange e Ono) e a Coalición de Creadores levan meses negociando un acordo no que os segundos pretendían poder cortar o acceso á Rede aos usuarios que descargasen arquivos non autorizados na Rede en clara inspiración ao aínda non vixente modelo francés (coñecido coma o dos 3 avisos); pero finalmente non elaboraron un documento común, e cada unha das entidades remitiu ao Ministerio de Industria un textos diferentes coas súas recomendacións sobre como atallar este polémico asunto.
Cómpre destacar que na mesa de negociación non houbo presenza das asociacións de internautas e consumidores, ao parecer, para que evitasen facer rebumbio ante a impopularidade na Internet dunha posible lei que limite o uso da Rede.
A falta dun acordo entre autores e telecos deixa en evidencia que é moi complicado regular este ámbito, que incluso está a crear problemas na Comisión Europea, polo que o futuro é incerto.
Non hai consenso entre creadores e telecos sobre as descargas de Internet
Compartir Este Artigo
