
Actualmente a illa á que pertence o dominio .tv está a só 5 metros sobre o nivel do mar, e o cambio climático podería levar a desaparecer coma país, pois a súa poboación podería ter que emigrar. Cómpre destacar que a principal actividade económica de Tuvalu é precisamente o rexistro de dominios .tv, e incluso pensamos que ante un afundimento da illa ICANN podería optar por manter os dominios rexistrados un tempo prudencial, pero resulta evidente que unha empresa que queira construír unha marca na Rede non debería utilizar un nome de dominio que dependa dun elemento tan incontrolable coma o nivel do mar.
Alertan da posibilidade de desaparición dos dominios .tv por mor do cambio climático
Compartir Este Artigo

