O pasado verán Sony anunciou na Games Convention que estaban a preparar o servizo VidZone para a PlayStation 3, que sería unha canle de vídeos musicais en streaming que poden gravarse en listaxes de reprodución e mesmo transferirse á PSP, e que estrearase no verán en Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia, Alemaña, Australia e España.
Este novo servizo será de balde e non se limitará aos vídeo musicais oficiais, senón que tamén distribuirá actuacións en directo e reportaxes, agardándose que nun principio conte cun catálogo de máis de 10.000 cancións dispoñibles para a reprodución baixo demanda, o que potenciaría a faceta multimedia da PS3 de Sony.
Presentación de VidZone
A PS3 estreará unha plataforma de vídeos musicais no verán
Compartir Este Artigo
