Os días 12 e 13 de maio a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra) acollerá a Resaca das Letras 2009 (RdL ’09), unhas xornadas que mesturan relatorios, mesas redondas e concursos organizados por un grupo de estudantes coordinados polos profesores Benigno Fernández e Teresa Bermúdez.
Esta quinta edición dará un especial protagonismo á Internet, e María Yáñez abrirá as actividades cun relatorio ás 11:00 horas do día 12, ao que seguirá a mesa redonda Por diante dos tempos: Evolución e tendencias no uso da Internet en galego con Roi Barreira (Radio Galega), Anxos García Fonte e Paz Orois (revista Ollo Crítico) moderada por Manuel Gago. A xornada rematar cunha presentación das campañas de Normalización da Universidade de Vigo.
O día 13 terá lugar unha gala presentada por Gonzo (popular polo programa de televisión Caiga Quien Caiga), unha lección maxistral de Miguel Conde, e a entrega de premios para As mellores webs en galego, ás que pódese votar a través da web ata o 10 de maio.
A Resaca das Letras premiará ás mellores webs en galego
Compartir Este Artigo
