
Aínda que o asunto non pareza preocupante, dende o Reino Unido un informe destaca que nos centros urbanos comeza a ser un serio problema, e non especialmente pola proliferación de redes Wi-Fi, senón precisamente polo resto de trebellos que fan un uso intensivo desta banda libre, o que fai que moitos dispositivos non operen correctamente ou que as redes sen fíos padezan cortes e mesmo chegue a ser imposible o seu uso. A xente de Mass Consulting conclúe que sería necesaria unha regulación para o uso da banda libre, de xeito que os trebellos coma os transmisores de vídeo sexan respectuosos coas redes Wi-Fi (o que mesmo podería completarse cunha especie de selo de calidade, que podería ser decisivo para un usuario que non tivese que elixir entre conectarse á Internet ou monitorizar ao seu fillo pequeno).
Denuncian que certos trebellos sen fíos prexudican seriamente ás redes Wi-Fi
Compartir Este Artigo
