A finais de xullo chegará ás tendas norteamericanas as edicións en DVD e Blu-ray de Watchmen (que a España teñen previsto o seu lanzamento para o 30 de setembro) e aparte dos típicos contidos adicionais deste tipo de produción cinematográfica, sorprende porque para Blu-ray tirará proveito da tecnoloxía BD Live para conectar con Facebook e permitir que así os amigos poidan sincronizar a película para vela simultaneamente nas súas casas e compartir comentarios sobre a experiencia de visualización do filme, o que é algo bastante innovador, aínda que cunha importancia bastante subxectiva, xa que chatear á vez que se goza dunha película non parece ser unha mestura de actividades compatibles (ambas precisan de atención visual).
A edición de Blu-ray de Watchmen conectará con Facebook
Compartir Este Artigo
