Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da
Sociedade da Información 2009, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de
Telecomunicación de Galicia (COETG), en colaboración con INEO, van levar a cabo
o relatorio Tendencias de Futuro no
Desenvolvemento da Banda Larga, do que dará conta o director de Planificación
Estratéxica de Vodafone España, Enrique Gómez.
O acto, no que tamén participarán o vicedecano do COETG, Miguel Merino Gil
e máis o presidente de INEO, Jorge Cebreiros Arce, terá lugar o 14 de
maio ás 13:00 horas, no salón de actos da Zona Franca de Vigo.
As tendencias de futuro da banda larga, a análise mañá xoves en Vigo
Compartir Este Artigo

