Aínda que non se dixese abertamente, un dos motivos para o lanzamento da nova consola portátil Nintendo DSi era rematar coa inmensa piratería existente na Nintendo DS e DS Lite grazas á aparición de certos cartuchos que permitían a carga de copias de xogos , pero aínda que os cartuchos R4, M3 ou DSTT non funcionen coa DSi, xa hai fabricantes que preparan novos modelos para seguir na mesma liña, sendo un dos primeiros o cartucho DSONEi de Supercard, que promete funcionar sen problema grazas a que contará con actualizacións ilimitadas e de balde, de xeito que cada vez que Nintendo actualice o firmware da súa consola portátil para evitar a piratería a xente de Supercard reaccionaría cun parche para que os seu dispositivo continuase a funcionar.
Nun principio aseguran que o DSONEi é Plug’n Play, funcionaría con todos os xogos actuais, as ROM con copias de xogos funcionarían cun simple arrastrar e soltar, e os contidos que queiran cargarse con este dispositivo almacenaranse en tarxetas de memoria microSDHC formatada en FAT/FAT32.
A piratería chega á nova Nintendo DSi
Compartir Este Artigo
