Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Blogues pola Lingua organiza unha acción virtual colectiva para reforzar a festa do 17 en Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Blogues pola Lingua organiza unha acción virtual colectiva para reforzar a festa do 17 en Compostela

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ga-lego.jpgA festa do 17 de maio, na nosa terra unha xornada especialmente festiva (posto que aparte das Letras e a cultura galega, celébrase Día da Internet e o Día das Telecomunicacións, todo nun mesmo lote a primeira vista axeitadamente apropiado), non semella que vaia coller á nosa comunidade bitacoreira coa garda baixa. Nesta liña de actividade e mobilización é onde se están a situar os integrantes da Rede de Blogueiras/os en Defensa do Galego (Blogues pola Lingua), constituída hai un ano e a día de hoxe integrada por 214 cadernos. Entre as accións do colectivo a desenvolver estes días coa festividade do 17 no punto de mira inclúese unha convocatoria virtual conxunta que ten por obxectivo chamar á participación na marcha por Compostela que A Mesa pola Normalización Lingüística organizou para este domingo.
Cómpre sinalar que colectivo Blogues pola Lingua, do que forman parte bitacoreiros como Kiko Da Silva (debuxante), Marta Dacosta, Xabier P. Docampo, Alfredo Ferreiro ou Manolo Bragado, adheriuse recentemente ao Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego que promove A Mesa, en boa medida a través da Rede (tema do que temos falado nesta mesma web). Por certo que a convocatoria virtual está prevista para o 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, e consistirá en que todas e todos os blogueiros membros do colectivo engadirán unha entrada nos seus respectivos cadernos na que incluirán alén do que cada un ou unha estima oportuno, un texto común no que se convida á comunidade internauta a defender e protexer a súa identidade (representada neste caso pola lingua) e máis a participar na mobilización do día 17.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?