Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A xuíza Ana López-Suevos, premiada polo blogomillo pola súa defensa do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A xuíza Ana López-Suevos, premiada polo blogomillo pola súa defensa do galego

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ana_lopez-suevos.jpgA lingua está hoxe no medio de moitas cousas, e algunhas delas sonlle beneficiosas e outras non teñen que ver con ela ou, definitivamente, lle son prexudiciais. Os responsables da web Galicia Profunda, comprometidos con saber, no caso de que a lingua estivese perdida no deserto, quen lle daría teito e auga e quen poría o cartel de pechado, veñen de convocar á comunidade blogueira galega por segunda vez para que sexa ela quen faga de xurado nos Premios Antilingua e máis no Galardón Galego de Pro. Dous certames que, como os seus nomes indican, van dirixidos a localizar quen fixo menos e quen fixo máis ao longo do ano pasado en materia de coidado pola nosa lingua. Pois ben, segundo veñen de informar os responsables do concurso duplo, e logo de tres semanas de votacións en liña, o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, foi quen se fixo finalmente co Premio Antilingua, indo a dar o Galego de Pro a Ana López Suevos, titular do xulgado do social nº2 de Santiago.
As razóns para o primeiro galardón resumíronse basicamente nunha: o anuncio por parte do Goberno autonómico da súa intención de derrogar o decreto que asegura unha boa presenza do galego nas aulas.
Polo que respecta ao outro recoñecemento, dicir que veu dado pola “defensa do dereito a empregar galego mantida por Ana López-Suevos nas súas actuacións xudiciais”, entre as que se conta o seu tirapuxa lingúístico coa cadea COPE, logo que a canle de radio quixese anular a tramitación de despido a unha traballadora por estar redactada en galego.
Por certo que detrás da xuíza, e tocando de cheo á temática deste noso medio (as novas tecnoloxías da información, TICs) situáronse nesta mesma categoría a empresa de telecomunicacións R, pola súa achega á normalización da lingua dentro do sector das TIC, e ao galeguista Avelino Pousa Antelo.
Segundo informa Galicia Profunda, este ano rexistrouse unha participación elevada no certame, sobre todo no que se refire á categoría Galego de Pro, “que acadou un grande apoio na súa estre nestes premios 2009”. Concretamente, a participación foi de máis de 600 votos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?