Amazon permite que os usuarios do seu lector de libros electrónicos, o Kindle, poidan mercar libros, subscribirse a xornais, e mesmo acceder a uns poucos blogs seleccionados, pero aínda que as bitácoras sexan de balde na Internet, para acceder ás mesmas hai que pagar unha subscrición mensual de 1,99 dólares, o que a compañía vai abrir a practicamente calquera blog que o solicite dentro do programa Kindle Publishing for Blogs Beta, de xeito que o autor poderá recibir o 30% dos ingresos pola subscrición dos usuarios.
Para moitos blogueiros é unha mágoa que non exista a posibilidade de permitir a consulta de balde dos seus espazos virtuais, pois o que buscan é unha maior difusión dos seus contidos, e tamén habería que subliñar que a tecnoloxía e E-Ink non é apta para a visualización de páxinas web (entre outras cousas, non pode presentar vídeos e carece de cor), polo que os cadernos electrónicos que deberían optar a este servizo deberían ser os que teñen información textual principalmente, podendo empregarse tamén esta solución como un xeito de publicación de obras de ficción por entregas, caso no que unha subscrición mensual sería un método de pagamento ideal.
O lector de libros electrónicos de Amazon permite subscribirse a blogs
Compartir Este Artigo
