Inauguración da zona de liberación de libros na Alameda composteláO Centro de Interpretación Medioambiental da Alameda de Santiago de Compostela foi o lugar elixido para inaugurar unha rede de espazos urbanos Libro-Libre promovida pola Consellaría de Cultura local, nun acto no que participou o alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo, e as concelleiras Socorro García Conde, Elvira Cienfuegos e Olga Pedreira. As zonas dedicadas ao bookcrossing terán carteis identificativosLibro-libre é unha iniciativa que pretende promover a práctica do bookcrossing, ou liberación de libros en lugares públicos, que tamén chegará ás prazas de Oliveira e da Quintana, e que na Internet conta cun espello de Bookcrossing.com, para facilitar a publicidade de cada unha das achegas que se fan á difusión de libros mediante este método solidario que busca dar un pulo á literatura e ao acceso á cultura. Os interesados en distribuír libros mediante este método pode rexistrarse na nova web, para ofrecer os seus volumes ao resto de integrantes da comunidade, indicando as zonas nas que se depositarán, e que habitualmente estarán identificadas por un cartel que dea a coñecer esta iniciativa social