De 2004 a 2007 o logotipo xa tivo lixeiros cambiosA versión 3.5 do Firefox está preto do seu lanzamento, polo que os seus responsables están a buscar detalles para deixar claro o seu esforzo e os cambios que están a experimentar o navegador web da Fundación Mozilla, de aí que decidiran contar cun novo logotipo do programa para a nova versión, que será unha reestilización como xa pasou con anterioridade, de xeito que os usuarios continuarán a recoñecer a marca, pero serán conscientes dun lixeiro cambio. Os cambios do logotipo aínda están en curso, de xeito que atenderán aos comentarios dos usuarios sobre o tema, e mesmo poderemos facer un seguimento paso a paso de cómo se xesta a nova imaxe do único navegador que parece ter algo que facer contra o Internet Explorer de Microsoft.