María Amelia hai un par de anosO 23 de decembro de 1911 nacía María Amelia en Muxía, e 95 anos despois estreábase na blogosfera por iniciativa do seu neto, converténdose na aboa da Internet galega e todo un exemplo de que as TIC non teñen idade, que levou a que recoñecesen o seu mérito dándolle en 2007 o Premio BoB ao mellor blog en español. Por desgraza, esta viaxe humana pola Rede e mundo real chegou á súa fin, e María Amelia deixounos definitivamente aos 97 anos tras varios meses con poucas forzas que recuperaba por momentos para lanzar unhas mensaxes para os seus milleiros de seguidores repartidos por todo o mundo, o que reportáballe ilusión e facíalle esquecer a enfermidade. En todo este tempo o blog de María Amelia non só aproximouse ao millón e medio de visitas, senón que tamén acadou moita atención dos medios de comunicación, que deron boa conta de que a web era unha boa canle para os maiores, que poden así sentirse acompañados e compartir as súas experiencias vitais. Para lembrar á muxiá que nos deixa, podemos ver o seu último vídeo en YouTube no que aseguraba que a Internet dáballe folgos durante a súa enfermidade: