Hai un par de meses a Universidade de Santiago de Compostela asinou un acordo con Google para difundir na Rede unha importante selección de libros que edita o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da institución docente a través de Google Books, e tras un par de semanas dende a posta en marcha efectiva da iniciativa rexistráronse 2.944 entradas, que deron en 18.331 páxinas interiores cun promedio diario de 173 entradas, o que adiante a repercusión que a colaboración iniciada terá «sobre a visibilización e impacto da investigación realizada na Universidade», aínda que cómpre agardar uns meses para poder facer unha estimación fiable sobre a acollida dos libros dixitalizados por Google.
A Universidade de Santiago de Compostela sería a primeira en sumarse a Google Books, con 700 libros e 246 teses de doutoramento defendidas entre os anos 2007 e 2008, agardando que co tempo todo o fondo editorial pase a formar parte do sistema, contribuíndo así á súa difusión. Amais, os textos só poden consultarse en liña ata un 20% das súas páxinas, para protexer os seus dereitos legais e mantendo a comercialización dos libros a cargo da Universidade.
Os libros publicados pola USC dispoñibles en Google Books teñen boa acollida
Compartir Este Artigo
