Pese a que en España
rumoréase que as vendas do iPhone en exclusiva por Telefónica non están a ser
tan boas como era de esperar (posiblemente pola cantidade de terminais que
chegaron de importación dos EE.UU. antes da saída do iPhone 3G), en Francia a
cousa parece ser bastante diferente, e Orange tería superado
a barreira do millón de móbiles de Apple vendidos. Para celebralo Orange permite a descarga de balde
dunha aplicación para seguir o Roland-Garros dende o iPhone.
Orange vende 1 millón de iPhone en Francia
Compartir Este Artigo
