Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Greenpeace sitúa a IBM como a menos negativa das majors tecnolóxicas na loita contra o cambio climático
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Greenpeace sitúa a IBM como a menos negativa das majors tecnolóxicas na loita contra o cambio climático

Redacción
Publicado: 29/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ibm_greenpeace.jpgA organización Greenpeace vén de situar ao máximo responsable de IBM, Samuel Palmisano, no número un da listaxe de empresas do eido tecnolóxico que de mellor ou menor maneira están a afrontar a loita e compromiso contra un dos grandes dramas do noso tempo: o cambio climático. Dito doutro xeito: non estaríamos a falar do ranking dos mellores en coidado da natureza dende o empresariado dixital, senón, por así dicilo, do ranking dos menos malos. O CEO de IBM, que aparece a moi pouca distancia de Jonathan Schwartz, xefe da firma Sun e segundo clasificado no dito ranking realizado por Greenpeace, foi recoñecido con 29 puntos, nada do outro mundo, polas súas medidas concretas contra o efecto invernadoiro, medidas das que xa temos falado nesta mesma web. Por exemplo: do mundo virtual desenvolvido pola propia empresa no camiño de concienciar á comunidade internauta da importancia de preservar o medio.
Con todo, un dos factores que máis inclinou a balanza ao favor de Palmisano a ollos de Greenpeace foi a posta en marcha de Smart Planet, iniciativa de IBM destinada a aplicar meirandes doses de rendibilidade e eficacia enerxética en canto produto tecnolóxico se desenvolva, sexa da man de IBM ou de calquera empresa, administración ou organismo.
Polo que respecta ao segundo posto da listaxe, o de Sun, veu dado principalmente polo compromiso do seu máximo responsable en materia de rendibilidade de enerxía, así como polas súas medidas para poñer en xogo servidores empresariais sostibles.
Máis abaixo, tal e como reflicte Vnunet, atopamos a Dell, Cisco, Intel ou Fujitsu, compañías que en maior ou menor medida tamén teñen sentado as bases de importantes programas de loita, dende os seus produtos e servizos, contra o cambio climático.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?