
Dvorak recolle o testemuño dun home de 37 anos que vive debaixo dunha ponte e que asegura que «non precisas de televisor, non precisas de radio, non precisas de xornal, pero precisas da Internet». Dende os refuxios norteamericanos son conscientes deste feito, e en boa parte dos mesmos contan con ordenadores de uso público dos indixentes.
Aínda que adquirir un ordenador portátil poida ser complicado para unha persoa que non pode conseguir un teito baixo o que durmir, pero a auténtica aventura para esta xente é conseguir un enchufe no que cargar a batería do seu equipo e puntos de acceso libre á Rede, chegando a copiar información que atopan na web a dispositivos coma un iPod para poder consultala con tranquilidade cando están lonxe dun enchufe.
Un interesante reflexo de a onde nos está levando a sociedade actual, na que cómpre evitar a fenda dixital de querer saír da exclusión social.
A Rede comeza a verse como unha necesidade incluso para os indixentes norteamericanos
Compartir Este Artigo
