Despois de que se
criticase que o
primeiro documento en formato dixital publicado pola nova Xunta de Galicia
estivese creado co Microsoft Excel (un formato propietario)
sorprende que a nota de prensa informando de que o
BNG comprométese a apoiar o software libre no Parlamento Europeo remítase nun documento de
Microsoft Word; o que xa critican en Twitter, aínda
que parece que o compensan distribuíndo tamén unha copia
en PDF do texto (formato que nin sequera leva un ano aceptado como aberto).
Critican que o BNG envíe notas de prensa en formato Word
Compartir Este Artigo
