A tecnoloxía de papel electrónico petou forte nos últimos meses, pero continúa a subministrar unha resolución reducida e imaxes en branco e negro, o que non fai cambiar a curto prazo e dende Amazon aseguran que poderíamos ter que agardar uns anos para ver un Kindle en cor (pois dispositivos actuais coma o FLEPia teñen uns prezos moi elevados que impedirían a súa popularización) pero a xente de iRex Technologies xa pon data ao salta tecnolóxico, e aseguran que está na traballar nun novo dispositivo en cor, con posibilidades de escritura en pantalla e moi delgado que chegaría ao mercado a mediados de 2011, polo que parece que xa están a marcar o calendario que seguirá o sector nos vindeiros anos.
A nova tecnoloxía na que traballan dende iRex pretende imitar o comportamento da cor substrativa da tinta real, conseguindo tamén unha nitidez comparable á das revistas, no que podería supor a nova resolución deste tipo de dispositivos que finalmente poderían coller o relevo do papel.
iRex promete un lector de e-books en cor para 2011
Compartir Este Artigo
