Esta semana o
Internet Explorer 8 engadiu
20 linguas adicionais, sumando un total de 63 idiomas que van dende
o inglés ata o xaponés, pasando polo croata, o serbio, o tamil, o bosnio,
varios dialectos do chinés, o malaio e o bengalí, o portugués (e o brasileiro), o español, o catalán ou o éuscaro, sendo o galego a
única lingua peninsular que continúa sen estar soportada polo novo navegador de
Microsoft, aínda que vendo o esforzo que están a facer pola
internacionalización do produto entendemos que chegará cedo na nosa lingua.
O Internet Explorer 8 continúa sen falar galego
Compartir Este Artigo
