Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Novas Tecnoloxías acolle a presentación do programa de apoio aos empresarios linkStart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Novas Tecnoloxías acolle a presentación do programa de apoio aos empresarios linkStart

Raquel Noya
Publicado: 09/06/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

linktostartacto.jpgOs seareiros das novas tecnoloxías que decote estamos a agardar pola chegada dalgún curso de formación ou a presentación dalgunha ferramenta nova coa que dar renda solta á nosa imaxinación e ampliar os coñecementos TIC, levabamos dende o pasado luns (no que anunciamos a chegada a Santiago da iniciativa da Fundación Inlea) co proxecto de nome linktoStart no punto de mira. O obxectivo: obter información de primeira man, tirando proveito da visita dos seus responsables a Compostela, e dar conta das vantaxes que ofrece á hora de formarnos e, se cabe, de desenvolver algunha empresa de éxito.
Niso precisamente consiste a iniciativa presentada hoxe en Conxo e desenvolvida pola Fundación Inlea en colaboración con Cisco e o CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia): en ofrecer o asesoramento dun grupo de expertos en economía, a formación empresarial necesaria e o acceso á financiamento que precisemos para “converter a nosa idea de negocio nun éxito”.
No acto de presentación do linktoStart, que tivo lugar ás 12:00 horas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, participaron o director do devandito departamento de investigación, Alfonso Blasco, a directora xeral de Formación e Colocación, Ana Mª Díaz, quen tivo que desculpar a ausencia da conselleira de Traballo por mor dunha axenda apertada, e Xavier Simó, o director xerente da Fundación Inlea, quen, tal e como estaba previsto, contactou coa súa compañeira Isabel Pagonabarra para mostrarlle a tódolos asistentes o funcionamento desta ferramenta de formación virtual con todo luxo de detalles.
Entre outras cousas, este proxecto, que os seus responsables cualificaron de “gran oportunidade” para todos aqueles que teñan en mente unha idea tecnolóxica para desenvolver, é, en efecto, unha axuda para as persoas con iniciativa propia que non saben moi ben por onde comezar para levar a cabo o seu proxecto sen correr o risco de que saia mal.
Para participar nesta actividade, que se está a probar a modo piloto en España, os interesados teñen ata o vindeiro 30 de xuño para inscribirse; data na que remata o prazo para enviar a súa idea de negocio e poder beneficiarse das vantaxes de linktoStart, que se resumen basicamente en: “acompañamento tecnolóxico e experiencia empresarial, acceso a financiamento e formación executiva” coa entrega dun diploma acreditativo ao final da experiencia ou, mellor aínda, cun diploma acreditativo e coa empresa posta a punto para comezar a dar beneficios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?