Javier Oliván, responsable de produto e marketing internacional de Facebook explicou en Madrid que a súa compañía está a centrar os seus esforzos en converterse na plataforma para redes sociais máis popular do mundo, buscando tamén facer cartos no camiño con publicidade. Tamén detallou que na actualidade xa teñen máis de 200 millóns de usuarios activos (a mes de abril), dos que aproximadamente a metade entran a diario no sistema. A nivel español tampouco quedan mancos, con 6 millóns de usuarios o que é «20 veces máis que o número de usuarios que había hai apenas 18 meses, cando lanzouse o sitio en español».
Sobre a última novidade de Facebook, os nomes de usuarios personalizados, Oliván asegurou que no primeiro día recibiron máis dun millón de peticións, dos que 300.000 chegaron só nos 2 primeiros minutos, deixando claro o interese do público por esta característica.
Facebook xa suma 6 millóns de usuarios en España
Compartir Este Artigo
