Pouco despois dun mes da apertura da súa tenda en Pontevedra, a operadora de cable galega R inaugura en Santiago de Compostela outro establecemento para poder atender dun xeito máis directo aos seus clientes. A nova tenda está situada na rúa República del Salvador nº 3, e conserva a liña estética que teñen o resto de tendas da compañía, cun deseño moderno e acorde á identidade da operadora.
O local servirá para dar información, xestionar consultas ou abrir reclamacións, así como para poder probar os servizos da compañía. O establecemento con espazos destinados á telefonía móbil, a televisión dixital multicanle e á Internet.
R abre unha nova tenda en Compostela
Compartir Este Artigo
