Adobe anunciou hai un meses que para 2010 levaría a versión 10 do seu reprodutor Flash a distintos smartphones, e a través dunha nota de prensa do director xeral da compañía, Shantanu Narayen, confírmase que a versión de proba do Flash Player 10 para navegadores web de teléfonos intelixentes cos sistemas operativos Windows Mobile, Android, Palm WebOS e Symbian chegaría en outubro, optimizándose este software para procesadores ARM, nVIDIA, Broadcom, Intel, Texas Instruments e Qualcomm. Curiosamente o iPhone quedaría fóra da reprodución de Flash, o que non quere dicir que no futuro non poidan adaptar o software aos terminais de Apple.
Probas do reprodutor de Flash correndo nun terminal con Android
A versión de proba do reprodutor de Flash para móbiles chegará no outono
Compartir Este Artigo
