
As informacións publicadas nestes medios dixitais amplificáronse por plataformas sociais coma Twitter e Facebook, que tamén tiveron certos problemas para soportar a actividade en certos momentos, no que algúns xa aseguran que non pasaba dende a toma de posesión de Barack H. Obama.
De todos os xeitos, non foi ata que Los Angeles Times confirmou a nova que os medios de comunicación tradicionais atrevéronse a publicar a nova da morte de Jackson, o que tamén provocou problemas de funcionamento na web informativa norteamericana.

Tralo espallamento da nova, moitos famosos comentaron os feitos a través de Twitter (dende Arnold Swarzenegger ata Miley Cyrus), e incluso os blogs especializados en videoxogos quixeron render homenaxe ao Rei do Pop lembrando as súa achegas ao sector, pois Jackson protagonizaba o xogo Moonwalker (baseado na película do mesmo xogo), aparecía coma personaxe nas dúas entregas de Space Channel 5, fixo un cameo en Ready 2 Rumble Boxing: Round 2 e incluso hai rumores de que colaborou (sen acreditar) na banda sonora de Sonic the Hedgehog 3. Tamén leva uns días circulando o rumor de que MJJ Productions estaría a traballar na creación dun xogo de Michael Jackson para Wii, PS2 e PS3 que sairía para o vindeiro Nadal.
A web foi a principal fonte de información sobre o falecemento de Michael Jackson
Compartir Este Artigo
