Os estudantes de xornalismo e os aspirantes a periodistas cidadáns que queiran saber un pouco máis de cómo realizar axeitadamente a labor de informar poden acudir ao Reporters’Center que vén de crear YouTube, no que se recolle vídeos no que participan xornalistas norteamericanos coma Bob Woodward (famoso polo caso Watergate), Ariana Huffington (editora do The Huffington Post), Katie Couric (presentadora de CBS News) e moitos outros, que dan consellos sobre temas diversos como o xeito de facer unha boa entrevista, cómo comezar a facer xornalismo cidadán ou trucos para video-xornalistas.
Sen dúbida agradecerán estes consellos os que queiran adentrarse no mundo do periodismo nalgún dos seus moitos ámbitos, respectando principios amplamente aceptados, á vez que coñecendo algúns trucos prácticos da man de profesionais de peso.
Mostra de contidos do Reporters’Center
YouTube estrea un centro de vídeos para reporteiros
Compartir Este Artigo
