Ao acceder a Gmail aparece unha mensaxe advertindo dos cambios no sistema de etiquetasOs usuarios que hoxe accederon a Gmail atopáronse cun importante cambio no servizo de correo electrónico de Google, que mellorou considerablemente o seu sistema de etiquetas, que adoptan unha nova ubicación (xusto debaixo dos cartafoles do servizo, tomando unha aparencia semellante aos mesmos), poden agocharse (nun principio a web amosará só as etiquetas máis utilizadas, deixando o resto ocultas, aínda que é posible personalizar este comportamento) e permiten a cualificación de mensaxes con etiquetas cunha mera operación de arrastrar e soltar. Con estes cambios entendemos que as etiquetas compórtanse cada vez máis coma cartafoles, deixando de estar aloxadas nun recadro moi diferenciado, o que achega unha estética máis limpa e cómoda.