Esta tarde o conxunto de servizos de Google Apps (en concreto Gmail, Google Calendar, Google Docs e Google Talk) sufriron un cambio radical á vez que mínimo, pois saíron da súa fase de probas, de xeito que Gmail perdeu a etiqueta de Beta do seu logotipo, que leva pendurada máis de 5 anos, o que xa se comentaba a xeito de burla en moitas conferencias (ao asegurar que a Web 2.0 está sempre en beta).
Con esta medida pretenden que as Google Apps poidan verse coma ferramentas rematadas e fiables, buscando non espantar ao público profesional polo uso da palabra beta. De feito, máis de 1,75 millóns de empresas de todo o mundo xa utilizan esta serie de ferramentas de Google para os seus negocios.
Dende Google tamén aseguran que o abandono da fase de proba non indica que deixen de mellorar as súas aplicacións, e comprométense a seguir avanzando na achega de produtos mellores cada día.
Os nostálxicos da etiqueta de Beta poden reactivala dende o menú de configuración de Gmail (o apartado de Google Labs).
As Google Apps deixan a etiqueta de beta
Compartir Este Artigo
