Para cumprir coa lexislación española de protección de datos, as plataformas de redes sociais non poden aceptar a menores de 14 anos, polo que a Axencia de Protección de Datos instou a Tuenti a tomar as medidas oportunas, e agora anuncian que máis do 90% dos usuarios do seu servizo sospeitosos de ter menos de 14 anos perderon o seu perfil tras non achegar a documentación requirida (fotocopia do DNI ou pasaporte) para verificar a súa idade.
Aínda que poderían quedar moitos menores de 14 anos empregando Tuenti (por non considerarse sospeitosos) estariamos ante unha medida drástica para respectar a lei, e dende Tuenti incluso anuncian que nos vindeiros meses cambiarán o grao de privacidade dos perfís de menores de 18 anos (que por defecto estarán configurados coa protección máxima).
Tuenti tamén cambia a súa política de propiedade intelectual (facendo que os usuarios manteñan a propiedade do que suban a Tuenti) e melloran o sistema que impide que os contidos publicados en Tuenti poidan copiarse ou enlazarse dende páxinas alleas a esta plataforma de redes sociais.
Tuenti elimina os perfís do 90% dos usuarios sospeitosos de ter menos de 14 anos
Compartir Este Artigo
