
Este almacén de contidos inclúe conferencias, clases, debates, entrevista e eventos relacionados coa universidade, que xa estaban accesibles a través da web (a través de Uvigo-TV), pero que ao incorporarse a iTunes facilítase o seu acceso, así como a xestión dos contidos que o usuario desexe visualizar e/ou conservar.
O vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, asegura que «iTunes U é unha importantísima ferramenta cara á internacionalización da Universidade de Vigo a través dos seus contidos docentes»; ao que o vicerreitor de Novas Tecnoloxías e Calidade, Anxo Sánchez, engade que «a entrada da Universidade de Vigo na prestixiosa iTunes U é a culminación dun traballo de varios anos e moitas persoas, motivado por un espírito de innovación e unha visión das novas tecnoloxías como instrumento imprescindible no apoio á docencia e á investigación, moi en sintonía coa visión de Apple, que ten apostado firmemente pola diseminación do coñecemento».
Os vídeos incluídos nesta nova plataforma está catalogados por idioma (galego, español e inglés) coma por seccións ou por centros de ensino que producise os contidos, e o seu acceso é doado a través de iTunes, tanto na súa versión de escritorio para ordenadores persoais coma nas versións portátiles dispoñibles para iPhone e iPod Touch, facilitando o acceso a este catálogo audiovisual educativo e informativo dende case calquera lugar.


