Con 198 votos a favor e 142 en contra o Senado francés aprobou a nova versión da lei que pretende regular a creación e a Internet e que xa está alcumada coma HADOPI 2, que pretende corrixir os elementos que fixeron que a anterior versión do texto fose considerado inconstitucional, por permitir que unha alta autoridade puidese cortar a conexión á Internet a un cidadán sen a mediación dun xuíz, aínda que parece que limitáronse a engadir que os acusados pola HADOPI poidan ser convocados e escoitados en presenza dun avogado.
Agora, a Lei pasará á Asemblea Nacional o 21 de xullo, onde podería non telo moi doado para a súa aprobación, tendo en conta o rexeitamento popular xerado e a oposición da Comisión Europea ante este tipo de medidas (polo que incluso contando coa aprobación en Francia, a Lei podería chegar a non entrar en vigor nunca).
A nova versión do texto contempla novas sancións, como unha multa de ata 1.500 euros se o abonado a unha liña de acceso á Internet deixa a un terceiro o seu acceso para descargas non autorizadas (o que aínda resulta máis polémico que o regulamento anterior).
O Senado francés aproba unha nova versión da lei HADOPI
Compartir Este Artigo
