
Esta función dos mapas irase incorporando paulatinamente a outros navegadores, pois nas últimas funcións están a incorporar soporte do estándar W3C Geolocation API, o que permitirá ter aos internautas localizados, aínda que o sistema pide permiso antes de acceder a este tipo de información, para evitar invadir a intimidade da xente.
O uso nos mapas é só unha das posibilidades que presenta esta tecnoloxía, que agárdase que no futuro poida empregarse para que os contidos aos que accedamos na web (como as buscas locais) estean especialmente orientados a nós, así como a publicidade presentada, o que parece bastante positivo mentres non se empregue dun xeito abusivo.
A xeolocalización nos mapas de Google salta ao escritorio
Compartir Este Artigo
