O que noutro tempo era case o único rival de Apple na guerra dos reprodutores multimedia portátiles, iRiver, confirmou que está a preparar un reprodutor multimedia baseado no sistema operativo Android, para competir co iPod Touch para o ano que vén.
O novo modelo de reprodutor respondería ao nome de K2, contaría cunha pantalla táctil de 3,5 polgadas, Wi-Fi, navegador web integrado, acelerómetro, Bluetooth e sintonizador dixital de televisión (aínda que supomos que sería coa tecnoloxía DMB que polo momento só funcionaría en Corea do Sur).
O mesmo fabricante tamén estaría a traballar nun novo lector de libros electrónicos e nun Internet Tablet, polo que entendemos que está a diversificar os seus produtos para atender as novas demandas do mercado.
iRiver prepara un reprodutor multimedia portátil baseado en Android
Compartir Este Artigo
