
Este novo negocio busca así atender unha demanda do mercado, pois na actualidade case toda a poboación adulta conta cun terminal de telefonía móbil, pero ter a súa batería cargada non é sempre posible, especialmente entre xente que vai de viaxe ou que recibe unha longa chamada inesperada, e a disposición de puntos públicos de recarga resulta atractivo, estando esta posibilidade xa dispoñible en Galicia. PuntoBilë estreouse con 2 cabinas no aeroporto de Vigo e con puntos de recarga nos centros comerciais de Poio, Dolce Vita (A Coruña) e Travesía (Vigo).
A empresa agarda achegar o seu servizo a moitos lugares cun tráfico frecuente de usuarios, coma restaurantes, estacións ou gasolineiras.
Galicia xa conta con 5 puntos públicos de recarga de móbiles
Compartir Este Artigo
