Dende Google hai tempo que venden camisetas, mochilas, bolígrafos, lámpadas de lava, cubos de Rubik, tazóns, balóns e moitos outros produtos, pensando en satisfacer aos seus seareiros, e esta tenda virtual vén de ampliar o seu catálogo para incorporar produtos coa marca YouTube, coma son camisetas, gorras, bolígrafos, cadernos, cantimploras, calcetíns, babeiros e outros elementos de roupa para bebé, de xeito que fan doado levar a YouTube máis aló da pantalla do ordenador, metendo o portal de vídeo de Google aínda máis nas nosas vidas.
Os prezos destes produtos é bastante diverso, e vai dende os 5,35 dólares duns calcetíns ata os 53,75 dólares dunha chaqueta, aínda que haberá que agardar para ver estes produtos na tenda europea de Google.

Chegan os produtos coa marca YouTube á tenda en liña de Google
Compartir Este Artigo
