Evolución das vendas de libros electrónicos nos EE.UU.Os últimos datos estatísticos do International Digital Publishing Forum sobre as vendas de libros electrónicos nos EE.UU. presentan un crecemento interanual do 149% e unha facturación de máis de 37 millóns de dólares, pero iso non é o máis rechamante, senón que hai que destacar o comportamento dos últimos meses, nos que experimentouse un disparo do consumo, que dá a entender que 2009 é o ano da popularización dos e-books, aínda que queda moito por medrar, especialmente a nivel internacional, pois a fórmula do Kindle de Amazon aínda non conta con réplicas fóra dos EE.UU.