No marco da 61ª edición da Feira do Libro de Frankfurt, Tom Turvey, responsable do programa de editores asociados de Google Book Search, confirmou que a súa compañía vai lanzar un servizo de venda de libros electrónicos chamado Google Editions que iría dirixido a teléfonos móbiles e outros dispositivos de lectura (entre os que tamén poderían estar os e-readers).
O novo servizo contaría cun catálogo de entre 400.000 e 600.000 libros na primeira metade de 2010, superando amplamente a oferta actual do Amazon Kindle (estimada nunhas 350.000 obras) aínda que quedando por debaixo de Barnes & Noble (con 750.000 libros electrónicos).
Esta nova plataforma de venda de libros electrónicos sería un importante negocio para Google, pois quedarían con 55% dos beneficios de venda, o que contribuiría a capitalizar o esforzo da compañía na dixitalización de libros durante os últimos anos.
Google confirma que lanzará unha tenda de e-books
Compartir Este Artigo
