Despois e moitos fakes, finalmente temos imaxes verídicas do que podería ser o futuro Chrome OS, o sistema operativo para ordenadores ultraportátiles que preparan dende Google, e que polo que puido saberse a través dunha filtración, trátase dunha distribución de Ubuntu orientada ao uso das aplicacións web de Google.
De todos os xeitos, faltan bastantes meses para o lanzamento de Chrome OS, polo que este tipo de filtracións o único que fan é alimentar o interese sobre un produto cunha relevancia moi discutible, como tamén acontece co navegador web Google Chrome, que pese ao seu bo inicio, parece estancado na captación de usuarios.
Filtran imaxes do que podería ser Chrome OS
Compartir Este Artigo
