As promesas electorais non son o máis fiable do mundo, polo que a última nova que vén de Panamá haberá que tomala con certa cautela, xa que o presidente do país, Ricardo Martinelli, prometeu que agasallará aos seus cidadáns con ordenadores portátiles, así coma dotará ao país de Internet de balde antes de rematar o seu mandato en 2014.
O novo proxecto panameño procurará na súa primeira fase a creación de 500 puntos de conexións en 22 cidades do país, que permitirán o acceso a un sinal gratuíto sen fíos de ata 512 Kbps que nunha primeira etapa chegaría a 1,5 millóns de usuarios, agardando beneficiar a 2,3 millóns de panameños dentro de 5 anos.
Prometen portátiles e acceso á Internet para todos os panameños
Compartir Este Artigo
