Unha plataforma cidadá no País Vasco está a iniciar unha campaña en oposición ao despregamento de conexións á Internet sen fíos nos colexios de Primaria, pretendendo a Consellería (dentro do Plan Avanza) a colocación dun punto de acceso Wi-Fi en todas as aulas de 5º de Primaria a primeiros do ano que vén.
Este iniciativa contra as redes sen fíos nace da Coordinadora Vasca de Afectados polos Campos electromagnéticos (COVACE) con sede en Basauri, que pide que o acceso á Internet nas aulas sexa por cable invocando ao principio de precaución e procurando levar as súas reivindicacións ao resto de España a través da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética (PECCE).
A campaña resulta un tanto rechamante por producirse nun momento no que as redes Wi-Fi están totalmente normalizadas nos ámbitos domésticos, empresariais e educativos, e os argumentos de COVACE para evitar esta tecnoloxía carecen de rigor, comentándose a existencia de numerosos estudos científicos sobre os efectos nocivos da contaminación electromagnética (sen dar referencias fiables) e asegurando sen dúbidas que as persoas expostas a radiación electromagnética remata enfermando. De feito, incluso hai quen dubida da propia definición de COVACE, pois a asociación considera estar composta por afectados polos campos electromagnéticos, aínda que esta auto-definición non corresponde a ningún parámetro obxectivo.
Inician unha campaña contra a instalación de puntos de acceso Wi-Fi en aulas de Primaria
Compartir Este Artigo
