O vindeiro domingo terá
lugar no californiano Pasadena Rose Bowl un concerto
da banda irlandesa U2 que poderá seguirse en directo a través de YouTube dende
16 países (entre os que atópase España).
Esta retransmisión leva a pensar que YouTube podería estar estudando a
posibilidade de ampliar as súas liñas de negocio, incluíndo os eventos en
directo na súa oferta. A retransmisión tamén poderá comentarse a través de
Twitter.
YouTube emitirá en directo un concerto de U2
Compartir Este Artigo
