
Pola súa banda, o servizo MagCloud estrearía a súa beta, permitindo a creación de revistas a un prezo de 20 centavos de dólar por páxina e incluso conta coa posibilidade de producir publicacións tomando coma base artigos da Wikipedia. Este sistema contarían con servizos de impresión distribuídos xeograficamente de xeito que as revistas imprimiríanse o máis preto posible do seu comprador.
Ambas plataformas de impresión fan uso de tecnoloxía de HP, e aínda que os tempos vaia cara aos soportes dixitais, os usuarios seguen a gustar do papel para a lectura, e o feito de poder publicar libros e revistas baixo demanda pode ser un complemento ideal para as edicións electrónicas, eliminando de paso a sobreimpresión (pois os volumes só se producen cando son encargados, e non terían unha alta taxa de devolución coma acontece con moitos medios impresos na actualidade) o que podemos ver como unha vantaxe tanto económica coma ecolóxica.
HP presenta 2 plataformas de impresión baixo demanda
Compartir Este Artigo
