O Telecentro de Comunicación da Secretaría Xeral de Medios, sito na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, vén de anunciar a celebración, a vindeira semana, de un ciclo sobre posicionamento en buscadores a cargo de David Cegarra García, que conta con oito anos de experiencia en desenvolvemento e optimización de sitios web para buscadores.
Os pasos dunha campaña de posicionamento e os factores críticos do mesmo, as fórmulas para evitar as penalizacións dos buscadores ou as ferramentas freeware para mellorar o posicionamento, serán algúns dos temas a tratar neste ciclo que se desenvolvera de luns a mércores no devandito Telecentro, en horario de 19.00 a 20.00 horas.
A Rede de Telecentros de Comunicación da Secretaría Xeral de Medios está a traballar, a través da súa campaña Comunícate, centra a súa actividade en dar a coñecer todas as posibilidades que ofrecen os TC para convertelos en puntos de referencia, dentro de cada concello, como lugares de encontro, de formación e de promoción do audiovisual galego. O obxectivo de Comunícate é que os Telecentros de Comunicación se incorporen como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía galega.
O Telecentro de Pontevedra acolle un ciclo sobre Posicionamento en buscadores
Compartir Este Artigo

