O pasado 9 de setembro, aparte do xogo The Beatles Rock Band, chegou ás tenda unha edición restaurada en CD e DVD cos meirandes éxitos da banda de Liverpool, que finalmente tamén venderanse nun formato máis dixital, xa que a tenda oficial dos Beatles vén de incorporar ao seu catálogo unha edición limitada dunha memoria USB con forma de mazá (logotipo da discográfica da formación) que inclúe versións dixitais dos discos do grupo en formato FLAC (a 44,1 KHz e 24 bits) coma MP3 (a 320 Kbps) das que só venderán 30.000 copias a partires do 7 de decembro a un prezo de 200 libras esterlinas (223,62 euros).
Este lanzamento coincide no tempo cunha denuncia de EMI contra Bluebeat.com, páxina web dende a que están a comercializar cancións dos Beatles a 25 céntimos cada unha (moito máis barato que os temas musicais en iTunes), sen contar coa autorización pertinente.
A discografía dos Beatles venderase nunha memoria USB con forma de mazá
Compartir Este Artigo
