A nipona Panasonic comezou a mercar máis do 50% das accións de Sanyo para convertela na súa subsidiaria, adquirindo as participacións a 131 iens por títulos, moi por debaixo dos 216 iens do prezo do mercado, co que buscan que os investidores particulares non participen nun trato pechado polos 3 principais accionistas de Sanyo: Goldman Sachs, Daiwa Securities e Sumitomo Mitsui.
Con esta operación Panasonic ascende ata unha segunda posición no mercado xaponés da electrónica de consumo, achegándose ao líder, Hitachi, e superando a Sony. Agárdase que a adquisición remate o vindeiro 7 de decembro, e este proceso demorouse varios meses porque tiveron que agardar a que os organismos reguladores da competencia desen o seu visto bo, pois as compañías involucradas lideran o sector das baterías de litio.
Panasonic inicia a adquisición de Sanyo
Compartir Este Artigo
